Abríndonos cara novos mercados

Abríndonos cara novos mercados
Ti eres quen de marcar as tuas fronteiras

lunes, 9 de diciembre de 2013

Internacionalización

A acepción máis coñecida e utilizada para a definición desta palabra é:
Proceso gradual, que se compón da conexión empresarial progresiva cos mercados externos, asunción dos compromisos produtivos e comerciais dos mesmo, e a asignación acumulativa dos recursos con relación aos escenarios internacionais.

Recalcar que a internacionalización implica unha continuidade nos negocios externos.

Os motivos de internacionalización dunha empresa aspiran a proporcionar unha dimensión máis ampla do seu produto. Meditanse as estratexias que permitan responder aos novos retos internacionais e as oportunidades que ofrece o seu mercado, e en que medida o proceso de internacionalización potencia as competencias da empresa. A visión e orientación dos directivos da empresa desempeñan un papel moi importante. As estratexias globais buscan, en xeral, un crecemento máis aló do mercado local, con localizacións produtivas que xeren mellores custos. Abrirse de cara ao mundo implica unha previa consolidación no mercado local da empresa.
Outros motivos a ter en conta:

  • Saturación do mercado local
  • Imaxe da marca e posicionamento competitivo
  • Seguimento a clientes multinacionais(efecto buque insignia)
  • Prórroga do ciclo de vida do producto
  • Economías de escala en producción e economías de experiencia
  • Procura de materias primas
  • Mercados emerxentes
Propiciase unha importante vantaxe sobre as competencias locais, maior cultura empresarial, novas tecnoloxías e innovación, aumenta o prestixio da empresa e a capacidade de mellora é continua.

No hay comentarios:

Publicar un comentario