Abríndonos cara novos mercados

Abríndonos cara novos mercados
Ti eres quen de marcar as tuas fronteiras

lunes, 9 de diciembre de 2013

Valores que defenden a liberdade do comercio exterior


  1. O dereito natural de todo individuo a relacionarse (comprar, vender, negociar, etc.) nas mellores condicións e naqueles mercados que lle sexan máis convintes e vantaxosos.
  2. Positiva incidencia na produtividade que exerce a divión internacional do traballo.
  3. A competencia no ámbito mundial propicia a redución dos prezos, orixinando certo beneficio de cara aos consumidores.
Estes valores foron principalmente impulsados polos países máis desenvolvidos, opoñéndose aos detractores proteccionistas que insistían en que o libre comercio só impulsa un maior abuso entre as grandes potencias mundiais, en detrimento dos países máis débiles.

As vantaxes que teóricamente ofrece o comercio exterior, tamén as podemos clasificar de tres formas:

  1. Diversidade nas condicións de produción entre as distintas rexións e áreas.
  2. Diferenzas nos gustos e patróns dos individuos.
  3. Existencia de economías de escala: Os custos medios decrecen conforme aumenta a produción, desta forma exteriorizar os productos permite producir en masa e lograr apreciables reducións nos custos. O comercio exterior preséntase como instrumento idóneo para resolver os problemas de excedentes de cada país.
Hai tamén tres razóns que subxacen no comercio vantaxoso:

  • Vantaxe comparativa: Os países especialízanse daquelas mercancías nas que posúen maiores vantaxes comparativas sobre o resto de países. Como resultado obtemos que a satisfación dos consumidores será maior que se os países intentasen basar a súa produción na autosuficiencia.
  • Vantaxe absoluta: Cando un país produce máis cantidade dun ben tendo os mesmos recursos.
  • Ganancias derivadas do comercio exterior: Cando un país ábrese ao comercio exterior, e especialízase naqueles bens nos que ten una vantaxe comparativa, son todos os que se benefician deste sistema, incluso os propios traballadores que cas mesmas horas de traballo dispoñen dunha maior cantidade de bens.


No hay comentarios:

Publicar un comentario